Mirando ao pasado. Mirando ao futuro.
Mozilla existe para promover a apertura, a innovación e a oportunidade na Internet.
Descubra quen somos, os nosos grandes logros e os momentos clave da nosa historia.
-
01
O Proxecto Mozilla iniciouse a partir de Netscape o 31 de marzo de 1998, co obxectivo de ofrecer unha alternativa aos usuarios e impulsar a innovación na Web.
-
02
Orgullosa de ser unha organización sen fins de lucro, Mozilla crea produtos como Firefox coa misión de por o poder da Web nas mans de todos os usuarios.
-
03
Máis de 10 mil colaboradores expresaron o seu apoio a nosa misión pagando un anuncio de páxina completa no periódico The New York Times o día do lanzamento de Firefox 1.0 no 2004.
-
04
Actualmente Mozilla conta con colaboradores en todos os continentes, incluíndo a Antártida, onde o 80% da poboación usa Firefox.
-
05
Os complementos de Firefox permítenlle personalizalo e tomar e control da súa experiencia na Web. Os usuarios xa descargaron máis de 4 mil millóns de complementos.
-
06
Mozilla está liderando o camiño da privacidade na Internet con innovacións para o navegador como Do Not Track e Lightbeam que lle dan aos usuarios un maior control sobre os seus datos persoais.
-
07
A nosa comunidade global axudou a traducir o Firefox a máis de 70 idiomas, facendo que o navegador estea dispoñíbel para máis do 90% da poboación mundial.
-
08
No 2008, 8,002,530 de persoas escolleron Firefox nun so día para estabelecer o récord mundial Guinnes para "O maior número de descargas dun aplicativo de software en 24 horas.”
-
09
O Festival Mozilla é o noso maior evento anual no que se reúnen centos de mentes creativas para alcanzar todo o poder e potencial da Web.
-
10
Mozilla Webmaker traballa para crear un planeta cun maior grado de alfabetización dixital, fornecendo ferramentas e proxectos que axuden a xente a ter un maior control das súas vidas na rede.
-
11
Firefox para Android leva aos móbiles e as tabletas o mellor de Firefox do escritorio. Dispoñíbel en Google Play, xa foi descargado máis de 80 millóns de veces.
-
12
Mozilla Developer Network é un recurso web comunitario que fornece a mellor documentación, os mellores titoriais e ferramentas dispoñíbeis a máis de 2 millóns de visitantes cada mes.
-
13
Mozilla traballa para preservar a Web como un recurso público compartido para o beneficio de todos.
-
14
No 2013 Mozilla lanzou Firefox OS para liberar o verdadeiro poder da Web nas plataformas móbiles e, unha vez máis, ofrecer o control e unha alternativa a unha nova xeración de usuarios de Internet.
-
15
O traballo que realiza Mozilla é posíbel grazas a decenas de milleiros de voluntarios que cren que a Web debería continuar aberta e accesíbel para todos.